Santomé, Cecilia (1984-)

As despedidas / Cecilia F. Santomé - Vigo : Edicións Xerais , 2024 - 132 p. ; 23 cm - (Narrativa Xerais ; 536) .

«O avó morreu hoxe. Ou quizais foi onte». Así, entre titubeos, arrinca esta crónica íntima dun dó con sabor a outro tempo. Un en que os defuntos eran velados nas casas, en que as capelas ardentes permanecían abertas día e noite e en que os curas eran salvadores de almas... e mesmo de pelellos cando a loxística non acompañaba. Velaquí setenta e dúas horas nunha burbulla de silencio, tristeza e fastío que se converten nun exercicio memorístico. Xestos, movementos e espazos que desencadean lembranzas, fiando unha elexía por quen marchou, pola propia infancia, por unha forma de vida que se esfarela no aire. E todo iso para chegar a unha conclusión: unha neta sen o seu avó é unha orfa de segunda.

9788411106061


Dó --- Novelas
Narrativa--Galego
Duelo--Novelas

821.134.4-31"20"

Coa tecnoloxía Koha