As poetas da Colección Salnés
/ María do Carme Kruckenberg, Pura Vázquez, María Manuela Couto Viana, Anne Marie Morris, Xohana Torres ; introdución e escolma, Patricia Arias Chachero.
- Vigo : Galaxia , 2025
- 116 p. ; 22 cm
- ( Biblioteca 75 anos ) .
En 1961 a editorial crea unha colección de poesía en lingua galega, a colección Salnés. Nela publicarán as poetas escolmadas pola profesora Patricia Arias Chachero, responsable tamén do limiar. Todas de procedencias e estilos moi variados, son: María do Carme Kruckenberg, que asina Canaval de ouro en 1962; Pura Vázquez, en 1963 con A saudade i outros poemas; e María Manuela Couto Viana e Anne Marie Morris, dúas poetas alófonas, autoras de Frauta lonxana (1964) e Voz fuxitiva (1965), respectivamente. A elas cómpre sumar Xohana Torres, que se inclúe nesta antoloxía porque é a primeira muller en publicar en Galaxia e porque tivo intención de publicar en Salnés, malia non facelo. Cómpre ler os poemas desta escolma tendo moi presente o contexto en que foron pensados, escritos e publicados. Apareceron nunha sociedade fortemente patriarcal onde o discurso católico tradicional definía e condicionaba o sentir e o actuar das mulleres. Só así poderemos valorar a modernidade e importancia do seu traballo. Foron as primeiras, as que romperon barreiras e superaron prexuízos, as que abriron as portas para todas as que vimos detrás. Fixérono cravando a vista nos poucos referentes femininos de que dispuñan, con sororidade, apoiándose unhas nas outras.
9788411763813
poesía--galego
821.134.4-14(082.2)