Barrera, Miguel (1964-)

Poema da Rúa das Aves / Miguel Barrera - Santiago de Compostela : Alvarellos , 2020 - 80 p. : fot. br. e n. ; 15 x 21 cm

Na portada: XLV Premio de Poesía do Concello de Vilalba.

«A poesía con formato guión». Así define o autor este singular libro de versos que foi recoñecido en 2019 co Premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba na súa edición número 45.

O Poema da Rúa das Aves é «imaxe en poesía, poesía en imaxe». Xorde a partir dun feito tan real como fondamente poético: no barrio vilalbés de Porta de Cima cada casa era coñecida cun orixinal alcume de paxaro (que o autor personifica como «Andoriña do Rego», «Moucha Sagrario», «Bubela Engracia»...).

Sobre esta historia, e utilizando técnicas cinematográficas, Miguel Barrera elabora unha sedutora homenaxe en verso a este barrio da súa vila natal, composicións que son tamén un tributo aos poetas de Vilalba. E a partir deste ámbito íntimo, Barrera constrúe toda unha metáfora do noso país.

9788416460786

48-1

Coa tecnoloxía Koha