Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia / Marisa Castro, Antonio Prunell, Jaime B. Blanco-Dios; ilustracións de Jacobo Fernández Serrano; prólogo, Santiago Castroviejo.
por Castro Cerceda, María Luísa, 1955-; Prunell Tudurí, Antonio; Blanco Dios, Jaime B; Fernández Serrano, Jacobo, 1971-; Castroviejo Bolibar, Santiago, 1946-.
Tipo: LibroEditor: Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2007 Edición: 1ª ed.Descrición: 301 páxinas : ilustracións cor e negro ; 22 cm.ISBN: 9788497826457.Materia(s): Arbores -- Galicia | Botánica | Arbores ornamentais -- GaliciaTipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Poeta Díaz Castro Sala préstamo | 58 VVAA gui | Dispoñible | LED021000012680 |
|
Tanto para especialistas como para curiosos e afeccionados, a Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia constitúe unha ferramenta utilísima. Os reputados autores desta guía (Marisa Castro, Antonio Prunell e Jaime B. Blanco-Dios) trazan un libro útil e doado de manexar que recolle tanto as árbores dos parques e xardíns públicos de Galicia como as especies autóctonas e de repoboación. Cunhas magníficas e precisas ilustracións de Jacobo Fernández Serrano -que permiten o rápido recoñecemento das especies-, o libro fai un repaso ás xeneralidades botánicas e os diversos usos das especies, poñendo especial énfase nas árbores froiteiras, sempre relacionadas co territorio galego: a nomenclatura popular e científica, a clave de especies que permite identificar -sen usar conceptos botánicos complexos- a totalidade das especies citadas, a vexetación autóctona e as plantacións forestais, a silvicultura, as árbores froiteiras, os xardíns en Galicia, etc. Ademais, o libro ofrece unha detallada descrición das especies -todas elas ilustradas-, de xeito claro, conciso e cun vocabulario rigoroso pero fácil de comprender, incluso polas persoas non expertas no tema.